Xornada adicada ao coñecemento da realidade lingüística do mundo e, en concreto, de Galicia e de Vigo, que analiza as novas linguas e culturas que chegaron até nós grazas á chegada de persoas estranxeiras. Tamen estuda máis polo miúdo a planificación lingüística e integración social desenvolvida en Burela, coñecida como o “Modelo Burela”. O acto, dividido en tres xornadas, foi inaugurado por Iolanda Veloso, concelleira de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Durante a primeira xornada, interviron Henrique Costas, profesor titular da Departamento de Filoloxía Galega e Latina e Bernardo Penabade Rei, coordinador do modelo de planificación lingüística de Burela. A segunda xornada centrouse na realidade de persoas e organismos que traballan no eido da inmigración, polo que participaron diferentes docento do CEIP A Dobrada, o coordinador da Asociación Galicia Acolle e a Coordinadora Técnica do Plan Comunitario de Teis. A terceira xornada tivo como tema principal o futuro da integración. Neste caso, interviron Anxo Igrexas, Técnico da inmigración da CIG en Vigo; Gema Vilas Martínez, mediadora intercultural do concello de Vilaboa e Rosa Moreiras, técnica de Normalización Lingüística do concello de Ames.