3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego da contorna da Ría de Vigo

Hoxe, Xiana Cristobo Pérez e María Curras García veñen a amosar como é o seu galego. 3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego da contorna da Ría de Vigo.

Dende a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, os futuros mestres e mestras galegas de Educación Primaria preséntanvos os trazos dialectais que definen o seu galego!

Reyes Rodríguez e Ana Iglesias foron as profesoras encargadas de levar a cabo esta actividade que resultou ser un éxito na aula. Esta iniciativa pretende reivindicar o valor das diferenzas dialectais que existen en todo o galego e que forman parte da riqueza da nosa lingua.