O pasado 15 de maio celebramos no Campus de Ourense o día das letras galegas, a través dunha sesión de contos para os máis pequenos, realizada polo noso alumnado. As profesoras encargadas da organización foron Verónica Pousada e Isabel Mociño. Gozaron da actividade 250 nenos e nenas do CEIP Mestre Vide, tanto de Educación Infantil como de 1º e 2º de Educación Primaria.
O noso alumnado de Lingua galega dramatizou para deleite das crianzas seis contos, entre os que destacaron os xa clásicos da nosa literatura infantil, Corre, corre, cabaciña, de OQO, e A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, de Kalandraka. que provocou os risos da rapazada. Parabéns unha vez máis! Docentes e discentes movéndonos pola lingua.
Máis información no DUVI