O acto é unha actividade de dinamización organizada pola CNL da FFT da UVigo e que conta coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da UVigo. O obxectivo é provocar a reflexión, con ocasión do presente debate soberanista, sobre a relación entre estatus político dunha nación e o estatus legal e social das linguas que se falan nesa nación. Na conferencia interviron Josep Bargalló, profesor do Institut de Ciències de l’Educació de la Universitat Rovira i Virgili e Nel Vidal Barral, presidente de Traballadores/as de Normalización Lingüística. A presentación realizouna o profesor de Lingüística Xavier Gómez Guinovart.