Gervásio Absolone Chambo naceu en Inhambane (Mozambique) no seo da tribo copi machope. Licenciouse no Ensino de Línguas Bantu na Universidade Eduardo Mondlane, onde tamén é asistente universitario na Sección de Línguas Bantu. Foi estudante do programa Poslea na Universidade de Vigo. Asemade, é cofundador da Asociación Bantu Mosambiki, unha organización en prol das linguas e culturas bantú mozambicanas.
Gervásio Chambo, invitado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina, impartiu unha conferencia sobre o mosaico Etno-cultural e lingüístico de Mozambique na Facultade de Filoloxía e Tradución o día 8 de novembro de 2012. A presentación do acto foi realizada pola profesora de lingua portuguesa Mônica A. Heloane Carvalho de Sant’Anna.