“Literatura Moçambicana: Uma trajetória que se funde e se confunde com a história do país”

Félix_Literatura Moçambicana cartel

 

Félix Filimone Tembe, profesor na Universidade Eduardo Mondlane de Maputo e cofundador da Asociación Bantu Mosambiki, achegouse á Facultade de Filoloxía e Tradución para dar unha conferencia sobre literatura mozambicana. Félix Filimone Tembe explicou de como esta se confunde facilmente coa historia do seu país, xa que a literatura foi unha das máis vivas formas de resistencia e rexeitamento á dominación colonial portuguesa. Presentou o acto o profesor Burghard Baltrusch.