Acto de homenaxe ó profesor Antón Palacio

O vindeiro venres 22 de novembro de 2019, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución (UVIGO), ás 12.30 do mediodía, terá lugar un acto de homenaxe ó noso colega o profesor Antón Palacio, durante o cal se lle fará entrega do libro de homenaxe que lle dedica o Departamento de Filoloxía Galega e Latina por todos os anos consagrados á docencia, investigación e xestión na Universidade de Vigo. O libro está coordinado polos profesores do Departamento Xosé A. Fernández Salgado e Aquilino S. Alonso Núñez. No acto está previsto que interveñan o Reitor da Universidade, o Decano da Facultade, o Director do Departamento, o Director do Servizo de Publicacións e os editores do libro.

[Imaxe tomada de UVIGO.GAL]

Venres 22 de novembro ás 12.30h. no Salón de Graos da FFT