Certame Letras Galegas 2021 no campus de Vigo

O Certame Letras Galegas 2021 é unha iniciativa da Delegación do Alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución. Trátase dunha actividade organizada en colaboración coa Área de Normalización Lingüística e o Departamento de Filoloxía Galega e Latina.

O obxectivo desta actividade é xerar un espazo vivo de promoción cultural na facultade, aberto a todas aquelas persoas que desexen participar. Encádrase nos actos de homenaxe a Xela Arias, poeta vinculada á nosa universidade e cunha gran traxectoria de participación en recitais poéticos. O certame conmemora tamén o 25º aniversario dos estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo.

Terá lugar o xoves 13 de maio, a partir das 12.30h, no espazo exterior das bancadas da FFT. A programación do acto inclúe:

  • Lectura de poemas de Xela Arias por parte do alumnado.
  • Slam – competición poética: ligazón para inscribirse
  • Intervención de poetas convidadas: 
    • Tamara Andrés
    • Anxo Angueira
    • Branca Trigo
    • Gonzalo Navaza
    • Nuria Vil e Vanessa Glemsel: Dúas gamberras e un micro.
  • Entrega de premios.

Información sobre o Slam

Gústache escribir pero non tes con quen compartilo?
Pois xa podes participar na Slam de poesía!
Dispós de 3-4 minutos para recitar o teu poema.
Tes dúas opcións de participación: podes ler ou recitar de memoria (versión clásica) ou podes facer unha interpretación libre acompañándote de música, sons, en grupo…
As intervencións preferidas polo público en cada categoría levan premio!

Para participar é necesario cubrir o seguinte formulario.

Música, poesía, premios… agardan por vós o vindeiro 13 de maio.