Conferencia de Cremildo Bahule sobre Literatura Moçambicana

Cremildo Bahule_10_X_2013

 

 

Cremildo Bahule (Maputo, Moçambique, 1980), é ensaísta, escritor e asesor editorial en Ndjira – Sociedade Editorial. É mestrando en Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane. Publicou o ensaio Carlos Cardoso – Um poeta de consciência profética (Alcance Editores, 2010) e Literatura Feminina, Literatura de Purificação: O Processo de Ascese da Mulher na Trilogia de Paulina Chiziane (Ndjira, 2013). Participou como investigador, ao abeiro da «Unión Latina», nun proxecto de pesquisa e recolla das tradicións orais autóctonas de Mozambique. O proxecto deu lugar á publicación do libro Multiculturalidade e Plurilinguismo: Tradição oral e educação plurilingüe na África central e austral e ao web Contafrica, onde se encontra o material compendiado nas linguas orixinais e traducido tamén para o portugués, español e francés. Foi investigador asociado da «Unidade de Diagnóstico Social» do Centro de Estudos Africanos da Universidade Eduardo Mondlane, facendo un estudo da relación entre a música popular moçambicana e as línguas autóctonas, co apoio da Fundação Ruth First, e do que naceu a obra: Kudumba Ka Vana Va Ndota: A música como uma plataforma de preservação da língua – (Um) diálogo sociolingüístico sobre a estética musical de Ghorwane (actualmente no prelo). Publicou, en 2011 Babalaze – A outra margem da verdade, entrevista ao rapper mozambicano Azagaia, e colaborou na obra Samora Machel – História de uma vida dedicada ao povo moçambicano, editada polo Instituto de Investigação Sócio-cultural. Em 2012, editou tamén o libro de poesia Caligrafias – Liricismo naïf, no I Encontro Internacional do Livro em Cartão realizado em Maputo. Actualmente, é investigador independente e está a desenvolver unha pesquisa sobre a idea da “mestizaxe mozambicana” partindo da construción polifónica e do relato do discurso na ficción narrativa de Paulina Chiziane e a “converxencia entre bilingüismo, literatura e dereitos humanos”. Foi convidado do programa de Residencias para Escritores e Escritoras, da editorial Axóuxere, co apoio do Concello de Rianxo.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *