Este xoves 12 de decembro terá lugar ás 10am na aula 5 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra) unha charla-coloquio con Fernando Moreiras, tradutor de Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick (Kalandraka Editora, 2019). A novela orixinal de 1968 serviu de base para o filme de ficción científica de 1982 Blade Runner. Moitos dos temas e elementos da novela foron usados tamén na secuela Blade Runner 2049.