
Xeira informativa sobre as saídas dos estudo de galego
O vindeiro xoves 4 de febreiro organizamos unha xeira informativa destinada a que o noso alumnado coñeza as posibles saídas dos estudos en galego na Universidade de Vigo. O acto terá lugar a través do Campus Remoto no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución e dará comezo ás 11.00 h.
Membros do profesorado e ex-alumnado da nosa facultade achegaránnos coas súas intervencións o seu coñecemento e experiencia. O obxectivo é resolver todas as dúbidas e inquedanzas do noso alumnado ao respecto do seu futuro laboral e afondar nas diferentes saídas que teñen os estudos de galego hoxe en día.
O programa da xornada é o seguinte:
11h00 Presentación a cargo do director do departamento de Filoloxía Galega e Latina
Alexandre Rodríguez Guerra
11h05 Os mestrados da Universidade de Vigo
(11h 05) MILA
Alexandre Rodríguez Guerra
(11h 15) Mestrado de Secundaria e experiencia como docentes substitutos
Ana Fernández Berrocal e Alejandro Solla Alonso
11h25 O proceso das oposicións
Andrea Castelo Veiga
11h35 Facer a tese e investigar na universidade
Antía Monteagudo Alonso (coordinadora da actividade)
11h45 A investigación noutros centros de Galicia
Alba Aguete
11h55 O traballo nunha Área de Normalización Lingüística
Xurxo Martínez
12h05 O mundo cultural galego explicado por unha creadora e editora
Vanesa Ferreira
12h15 Quenda de preguntas e cuestións varias