Homenaxe a Francisco Fernández del Riego

IMG_0015

 

No centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, a Universidade de Vigo quixo homenaxear ao que foi o seu primeiro Doutor Honoris Causa. Despois de colocar unha placa na súa honra nos xardíns do CACTI, celebrouse unha mesa redonda na Facultade de Filoloxía e Tradución, na que interviron Xosé Henrique Costas e Camiño Noia Campos do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, a profesora da Universidade de Barcelona Dolores Villanueva, a irmá de Don Paco, Ana M.ª Fernández del Riego e Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *