Mención Escrita Creativa

A Universidade de Vigo é a única universidade europea que ofrece unha mención de Escrita Creativa nun dos seus títulos (dentro do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios).

A mención Escrita Creativa obterase, tras completar os dous primeiros cursos comúns, combinando o

poematizaMódulo de Escrita Creativa

  1. Estética: Palabra e imaxe (6 ECTS)
  2. Prácticas textuais: Narración (6 ECTS)
  3. Xéneros (6 ECTS)
  4. Prácticas textuais: Escrita dramática (6 ECTS)
  5. Prácticas textuais: Poesía (6 ECTS)
  6. Prácticas textuais: Novos formatos (6 ECTS)
  7. Prácticas textuais: Ensaio (9 ECTS)

cun dos seguintes módulos: Literatura Galega, Estudos lusófonos ou Literatura Española.

A maiores, podes elixir no terceiro e cuarto ano 4 materias optativas (24 ECTS) entre todas as materias dos módulos restantes que se ofertan durante estes cursos.

O Traballo de fin de grao (6 ECTS) é unha materia obrigatoria do cuarto curso.

Varias materias do módulo de Escrita creativa serán impartidas polos escritores Anxo Angueira, Manuel Forcadela e Gonzalo Navaza.