Normalización do uso da lingua galega na administración da xustiza

 

O xuíz titular do Xulgado de 1.ª Instancia e Instrución núm. 2 de Cambados e membro da Irmandade Xurídica Galega, Juan Manuel Hermo Costoya, impartiu un relatorio sobre a normalización do uso da lingua galega na administración da xustiza. A ponencia organizouse no marco das actividades extraacadémicas e de extensión cultural da Facultade de Filoloxía e Tradución.