Nova conferencia de ‘Os xoves do Vindel’

O vindeiro xoves 22 de febreiro ás 19:45 prosegue o ciclo de conferencias «Os xoves do Vindel» no auditorio do Edificio Cambón de Vigo (entrada pola rúa Oliva). O profesor da Univ. de Santiago de Compostela e mais do IES de Ames, Xosé Xabier Ron Fernández, pronunciará unha conferencia sobre a onomástica na lírica trobadoresca medieval. En concreto, falará dos nomes dalgúns trobadores, nomeadamente, Martin Codax. Ron Fernández é un especialista en diversos aspectos da lírica románica medieval e da galego-portuguesa en particular.

O ciclo de conferencias «Os xoves do Vindel» finalizará o 1 de marzo coa intervención de Pilar Lorenzo Gradín titulada «As cantigas de amigo no taboleiro da lírica medieval europea» (conferencia que non se puido celebrar o pasado 25 de xaneiro).

logoUvi LogoDeputacion
Compartir: Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Share on LinkedInEmail this to someone