Nova conferencia de ‘Os xoves do Vindel’

O vindeiro xoves 8 de febreiro ás 19:45 reanúdase o ciclo de conferencias «Os xoves do Vindel» no auditorio do Edificio Cambón de Vigo (entrada pola rúa Oliva). O catedrático da Univ. de Santiago de Compostela, Ramón Mariño Paz, falará sobre a situación da lingua galega no período medieval e describirá en detalle o intenso labor de mecenado que nese período apoiaba a escrita galega. Mariño Paz é un dos máximos expertos en historia da lingua galega e, especialista nos séculos escuros, acaba de publicar unha, xa afamada, Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega.

O ciclo do Vindel continuará o 22 de febreiro coa conferencia de Xosé Xabier Ron sobre «Martin Codax: o nome. A onomástica na lírica trobadoresca» e finalizará o 1 de marzo coa intervención de Pilar Lorenzo Gradín titulada «As cantigas de amigo no taboleiro da lírica medieval europea» (conferencia que non se puido celebrar o pasado 25 de xaneiro).

Fóra dese ciclo, mais dentro do ámbito do Pergamiño Vindel, o mércores 21 de febreiro ás 12:30, o tamén docente da universidade compostelá, Henrique Monteagudo, dará unha conferencia titulada «Martín Codax: o son das ondas» na Facultade de Filoloxía e Tradución (Campus Universitario das Lagoas).

logoUvi LogoDeputacion
Compartir: Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Share on LinkedInEmail this to someone