Os xoves do Vindel: AVISO URXENTE

Por mor dunha causa de forza maior sobrevida, vémonos na obriga de adiar a conferencia de Pilar Lorenzo Gradín “As cantigas de Martin Codax no taboleiro da lírica medieval europea”, incluída no ciclo Os xoves do Vindel e prevista inicialmente para o vindeiro xoves día 25 de xaneiro. En canto dispoñamos da confirmación da nova data farémola pública a través desta mesma páxina.

Desculpámonos polas molestias que poida ocasionar este cambio.

Atenderemos todas as consultas no enderezo electrónico comision_vindel@uvigo.es

Lembramos que a seguinte conferencia do ciclo, a cargo de Ramón Mariño Paz, será o xoves 8 de febreiro.

O comité organizador

logoUvi LogoDeputacion
Compartir: Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Share on LinkedInEmail this to someone