Nova conferencia de ‘Os xoves do Vindel’

O vindeiro xoves 14 de decembro ás 19:45, despois dos dous intensos días de Simposio a finais de novembro, retomamos as conferencias do ciclo «Os xoves do Vindel». Vai falar, tal como indica o programa, o músico e musicólogo Paulo Gonçalves sobre a música da lírica trobadoresca. Un tema sobre o que se teñen dado moitas interpretacións malia dispoñer só de dous pergameos con pauta musical. Como experto estudoso en música, Gonçalves falará do que hoxe se pode dar por certo e do que son falsas interpretacións.

O ciclo do Vindel continuará o 25 de xaneiro de 2018 con tres conferencias máis, a derradeira será o 22 de febreiro, día que Xosé Xabier Ron retomará a que non puido impartir o día 2 de novembro.

Fóra dese ciclo, mais dentro do ámbito do Pergamiño Vindel, o mércores 21 de febreiro ás 12:30, o profesor da Universidade de Compostela Henrique Monteagudo dará unha conferencia titulada «Martín Codax: o son das ondas» na Facultade de Filoloxía e Tradución (Campus Universitario das Lagoas).

Os xoves do Vindel_WEB_def

Os xoves do Vindel_WEB2_def

logoUvi LogoDeputacion