Recoñecemento de ECTS por E irei madr’a Vigo e mais por Os xoves do Vindel

Con data do 25 de outubro de 2017, asinouse a resolución reitoral en que se aproba a validación de créditos ECTS na Universidade de Vigo pola realización das dúas actividades académicas relacionadas co Pergamiño Vindel, que está a organizar o Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
No Anexo I da devandita resolución inclúese a autorización de recoñecemento para o curso 2017/2018 de 0,6 créditos ECTS (18 horas) do simposio internacional E irei madr’a Vigo. O código desta actividade académica é o AC00909.
No mesmo Anexo I, figura tamén a autorización de recoñecemento para o curso 2017/2018 de 0,4 créditos ECTS (12 horas) do ciclo de conferencias Os xoves do Vindel. O código desta actividade académica é o AC00908.

A asistencia é libre ata completar a capacidade do auditorio.
Quen se quixer inscribir, ou solicitar máis información, pode contactar coa comisión organizadora a través do enderezo: comision_vindel@uvigo.es

Compartir: Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Share on LinkedInEmail this to someone