Agustín Fernández Paz foi nomeado Doctor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, a proposta do Departamento de Filoloxía Galega e Latina. O acto celebrouse o día 28 de xaneiro no Salón de Actos das Facultade de Filoloxía e Tradución, coincidindo coa festividade de San Tomé de Aquino. Actuou como padriño o profesor Xosé Henríquez Costas González, quen recoñeceu os méritos “vitais, literarios, humanísticos e universais” do escritor. O homenaxeado pronunciou un discurso titulado “Seis lembranzas e unha narración” onde abordou algunhas facetas da súa biografía referidas á creación literaria e á promoción da lingua no ensino e na sociedade.
Pódese ver o acto completo aquí.