Coñeces o novo grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española?

A partir do vindeiro curso 2021-2022 comeza a impartirse un novo grao de carácter filolóxico na Universidade de Vigo.

O Grao en Filoloxía Galega e Aplicada trátase dunha titulación única no sistema universitario, que conxuga o coñecemento da Filoloxía tradicional coa aplicación das novas tecnoloxías.

Aquí podes acceder a toda a información sobre o grao e afondar nas súas múltiples saídas: as industrias culturais, o asesoramento lingüístico, a docencia, a edición ou as humanidades dixitais, entre outras.

Coñece a nova titulación da man do profesor do noso departamento Xosé Soto Andión.