Conferencia de Xurxo Mariño: Desenvolvemento encefálico e cultura: condiciona a lingua a maneira de pensar?

Cartel_XURXO MARIÑO-01-01_2

Desenvolvemento encefálico e cultura

Condiciona a lingua a maneira de pensar?DSC00272

Pode a lingua que se fala influír na forma de pensar?, teñen mentes distintas as persoas que falan idiomas distintos?, a mente dun galego funciona dunha forma diferente á dun chino? A relatividade lingüística é un tema clásico ao que tamén contribuíron a neurociencia e a psicoloxía, concluíndo que a lingua pode modelar con certa intensidade os procesos cognitivos. Xurxo Mariño, biólogo da Universidade da Coruña e autor do libro Neurociencia para Julia, por invitación do grupo GAELT e do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, abordou a relación entre a mente consciente e a linguaxe desde o punto de vista da neurobioloxía. A presentación correu a cargo de Gabriel Pérez Durán.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *