

Este mércores 14 de abril o alumnado de 3º curso da Facultade de Educación do campus de Ourense realizou unha visita virtual á exposición De Nós á nós.
A mostra está comisiarada pola profesora do noso departamento Ana Acuña Trabazo, xunto con Afonso Vázquez-Monxardín. A exposición, con máis de 300 pezas, conmemora o centenario da publicación da revista Nós.
A visita foi unha experiencia moi enriquecedora, que permitiu ao alumnado coñecer máis a fondo ao grupo da Xeración Nós. A guía Tatiana Itziar Feijoó, dirixiu o percorrido e falou co alumnado de xeito ameno e didáctico sobre diferentes aspectos como os colaboradores/as, os temas, as viaxes, a análise iconográfica etc.
Imaxes da visita.