A Universidade de Vigo é a única universidade que continúa a outorgar nunha das súas titulacións a mención de Filoloxía Galega.
O Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios ofréceche esta especialización en Filoloxía Galega impartida polo profesorado do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
ESTRUTURA DOS ESTUDOS EN CIENCIAS DA LINGUAXE E ESTUDOS LITERARIOS CON MENCIÓN EN FILOLOXÍA GALEGA
A mención Filoloxía Galega consiste en dous módulos que cursarás no terceiro e cuarto ano da carreira (véxase máis abaixo). Antes, recibirás durante dous anos unha formación básica e obrigatoria.
No primeiro ano cursarás o Módulo A: Formación básica (60 ECTS), que se compón no 1º cuadrimestre das seguintes materias:
- Fundamentos gramaticais do galego e do español 1 (6 ECTS)
- Lingua portuguesa 1 (6 ECTS)
- Introdución á lingüística aplicada (6 ECTS)
- Introdución ás ciencias humanas e sociais (6 ECTS)
- Introdución aos estudos literarios (6 ECTS)
No 2º cuadrimestre cursaranse:
- Fundamentos gramaticais do galego e do español 2 (6 ECTS)
- Historia das culturas ibéricas (6 ECTS)
- Teoría da literatura (6 ECTS)
- Lingüística xeral (6 ECTS)
- Crítica literaria (6 ECTS)
No segundo ano completaranse os estudos co Módulo B: Formación obligatoria (60 ECTS) coas seguintes materias no 1º cuadrimestre:
- Lingua e comunicación oral e escrita: galego (9 ECTS)
- Lingua e comunicación oral e escrita: español (9 ECTS)
- Lingua portuguesa 2 (6 ECTS)
- Obras principais das literaturas galega e lusófona (6 ECTS)
No 2º cuadrimestre cursaranse:
- Sociolingüística (6 ECTS)
- Retórica e poética (6 ECTS)
- Latín e literatura grecolatina (6 ECTS)
- Literatura comparada (6 ECTS)
- Literatura en lingua española (6 ECTS)
No terceiro e cuarto ano comezarás coas materias específicas de Filoloxía Galega (90 ECTS), divididas en dous módulos:
Módulo de Lingua Galega
- Morfoloxía da língua galega (6 ECTS)
- Fonética e fonoloxía da língua galega (6 ECTS)
- Sintaxe da lingua galega 1 (6 ECTS)
- Lexicoloxía e fraseoloxía da lingua galega (6 ECTS)
- Sintaxe da lingua galega 2 (6 ECTS)
- Historia interna da lingua galega (6 ECTS)
- Variación e historia externa da lingua galega (9 ECTS)
Módulo de Literatura Galega
- Literatura medieval galego-portuguesa (6 ECTS)
- Literatura dos Séculos Escuros e do séc. XIX (6 ECTS)
- Análise das obras centrais do período Nós (6 ECTS)
- Análise das obras centrais da literatura galega durante o franquismo (6 ECTS)
- Análise das obras centrais da literatura galega desde 1975 – 1 (6 ECTS)
- Xénero e literatura: Galicia e os países lusófonos (6 ECTS)
- Análise das obras centrais da literatura galega desde 1975 – 2 (9 ECTS)
A maiores, podes elixir no terceiro e cuarto ano 4 materias optativas (24 ECTS) entre unha ampla oferta de 49.
Algúns exemplos recomendábeis para unha formación adicional a través da escolla de 4 materias optativas serían os seguintes:
Do Módulo Escrita Creativa (impartida polos escritores Anxo Angueira, Manuel Forcadela e Gonzalo Navaza):
- Prácticas textuais: Narración (6 ECTS)
- Prácticas textuais: Poesía (6 ECTS)
- Prácticas textuais: Escrita dramática (6 ECTS)
- Prácticas textuais: Ensaio (6 ECTS)
Ou do Módulo Estudos Lusófonos:
- Lingua Portuguesa 3 (6 ECTS)
- Lingua Portuguesa 4 (6 ECTS)
- Estudos Lusófonos 1 [Literatura e cultura] (6 ECTS)
- Estudos Lusófonos 2 [Literatura, cultura e sociolingüística] (6 ECTS)
Ou do Módulo Ensino de Linguas:
- Políticas lingüísticas e ensino de linguas (6 ECTS)
- Variación lingüística e ensino de linguas (6 ECTS)
- Tecnoloxías no ensino-aprendizaxe de linguas (6 ECTS)
- Bilingüismo e educación bilingüe (6 ECTS)
Ou do Módulo Estudos Culturais:
- Transferencia cultural e tradición clásica (6 ECTS)
- Literatura, imaxe e tecnoloxías (6 ECTS)
- Literatura e cultura popular (6 ECTS)
- Estudos transatlánticos (9 ECTS)
Tamén podes combinar libremente 4 materias entre todas as materias dos módulos restantes que se ofertan no 3º e 4º cursos.
No cuarto ano aínda realizarás un Traballo Fin de Grao que equivale a 6 ECTS.
SEMIPRESENCIALIDADE
De non poderes seguir as aulas presencialmente, tes a opción de matricularte en réxime de semipresencialidade, cun ensino a distancia por medio de métodos modernos de teledocencia (máx. 10 prazas). Só terás que asistir a unha sesión de presentación da materia, a un número reducido de titorías e aos respectivos exames. O resto do tempo traballarás de forma individual, orientado polo profesorado e apoiado por material audiovisual e unha plataforma de teledocencia, entre outras ferramentas.
SAÍDAS LABORAIS E SATISFACCIÓN
Tanto a mención de Filoloxía Galega como o grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios son únicos no sistema universitario galego e estatal e ofrécenche unha preparación actualizada e innovadora para diversas saídas profesionais.
Ao longo da próxima década vanse producir máis de 400 xubilacións no ensino secundario. Esta renovación suporá unha das saídas profesionais máis seguras para a mención Filoloxía Galega do noso grao.
Esta mención tamén che ofrece unha sólida formación para ámbitos como as industrias culturais ou editoriais, os medios de comunicación, a administración pública, os servizos de normalización, o sector da tradución, entre outros.
Para completar a formación e gañar experiencia profesional existen aínda outras posibilidades, como por exemplo os 29 lectorados de galego en universidades de todo o mundo.
Ademais, a ACSUG verificou que os estudos galegos gozan do maior índice de inserción laboral nas Humanidades (74% en relación ao 53% doutras filoloxías) e tamén de satisfacción laboral (94% en relación ao 71% doutras filoloxías).
2 thoughts on “Mención FILOLOXÍA GALEGA”
Comments are closed.